RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril gaña ao Barbadás e é máis líder de Terceira

O Fabril impúxose (1-0) ao Barbadás en Abegondo e é máis líder da Terceira División grazas á picada do seu inmediato perseguidor, o Rápido de Bouzas, que caeu co Castro (2-1). Agora, 8 puntos de distancia separan ao filial deportivista (66 puntos) do conxunto vigués, segundo con 58 puntos.

Ante o Barbadás, un gol de Edu foi suficiente para amarrar o tres puntos fronte a un equipo que se agarrou a calquera artimaña para romper o ritmo do partido. Pero o Fabril domina o xogo, ten multiples recursos ofensivos e é capaz de apertar no momento xusto para tombar ao seu rival.

Mágoa que neste bo panorama houbo unha mala noticia, a lesión muscular de Borja Galán.

Fabril: Álex Cobo, Quique Fornos, Arnau, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Borja Domingo, Manu Molina e Borja Galán. Tamén xogaron: Álex Corredera, Hugo Rama e Jorge Carreón.

O vindeiro domingo 2 de abril ás 12:00 o Fabril volve xogar en casa. Recibe a un Racing Villalbés que parece que perde gas conforme avanza a tempada.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arousa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Ordes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - Rápido de Bouzas 0
Choco 0 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - Cerceda 0
Negreira 0 - Fabril 2 (Óscar e Álex Corredera)
Fabril 1 (Edu) - Barbadás 0