RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril mídese mañá mércores ao Racing Villalbés co impulso da goleada de Santiago

O Fabril mídese mañá mércores 17 de marzo en Abegondo ao Racing Villalbés a partir das 20:00 horas co impulso que supón a goleada protagonizada polo filial en Santiago ante a Agrupación Estudantil o pasado domingo (2-6).

O encontro de mañá ante os lucenses corresponde á 16ª xornada e foi aprazado o pasado 6 de febreiro por un positivo de COVID-19 no conxunto lucense.

Juan Carlos Valerón citou a todo o seu cadro, ademais dos xuvenís Guille Bueno e Yeremay. A única baixa por lesión é a de Reinoso.

O Fabril é oitavo na táboa con 25 puntos e un partido menos. A sexta praza, en mans agora do Viveiro CF, está a dous puntos, posto que os viveirenses suman 27 cos mesmos partidos cos deportivistas.

O choque ante o Racing Villalbés xogarase con #ANOSAFORZA nas bancadas.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.