RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril non puido cun Guijuelo que acertou a balón parado

O Fabril non puido festexar o seu 105 aniversario (cumprido o pasado xoves 21 de febreiro) cun triunfo, ao caer derrotado (0-1) esta tarde ante o CD Guijuelo en Abegondo, en partido correspondente á 26ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

O partido decidiuse a balón parado. No minuto 14, cos dous equipos practicamente medindo aínda as súas forzas, Raúl Ruiz anotou de falta na frontal, nunha das que tivo o cadro salmantino na primeira metade.

O filial deportivista tentouno sobre todo na segunda parte, pero esta vez May, Víctor García e Uxío non acertaron coa meta do Guijuelo para salvar polo menos 1 punto.

Con este marcador, o Fabril segue 20º na táboa con 18 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Carrión, Quique Fornos, One, Carlos López, Víctor, Arturo Segado, Uxío, Bicho e Abeledo. Tamén xogaron: Juanje, May e Gandoy.

A próxima fin de semana, a Fabril visita a outro rival directo, o AD Unión Adarve madrileño.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - RC Celta B 1
CF Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Real Valladolid B 1
Fabril 0 - Internacional de Madrid 1
RC Celta B 2 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Fuenlabrada 1
SD Ponferradina 3 - Fabril 0
Fabril 2 (May e Montiel) - Burgos CF 0
CF Salmantino 0 - Fabril 0
Fabril 0 - CD Guijuelo 1