RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril rescata un punto nun partido que perdía aos 9 segundos de xogo

Resultado agridoce (2-2) para o Fabril en As Eiroas ante o Bergantiños. Os locais xa vencían no minuto 9 por 2-0, con dobrete de Rodri, cun primeiro tanto aos nove segundos de xogo.

Custoulle ao Fabril repoñerse destes dous duros golpes. Tras unha mala primeira metade, o filial deportivista logrou igualar na segunda parte, con tantos de Manu Molina e Borja Domingo.

Puido lograr os tres puntos se a falta de dez minutos para o final, Borja Galán acertase cunha pena máxima que o dianteiro branquiazul enviou ao pau da meta local.

Con este resultado, o Fabril é terceiro na táboa do grupo 1º de Terceira División con 39 puntos, a 6 puntos do líder, o Rápido de Bouzas, que suma 45 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Arnau, Lucas, Edu, Carreón, Queijeiro, Jardel, Molina e Borja Galán. Tamén xogaron: Álex Corredera, Marcos Legaz e Borja Domingo.

O vindeiro domingo toca derbi coruñés ante o Silva, ás 12:15 no campo da Grela 1.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2  - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)