RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril sentencia ao Compostela pola vía rápida

O Fabril sentenciou o partido ante o Compostela en San Lázaro (0-2) pola vía rápida, con dous goles dos dous defensas laterais, Blas e Lucas, no minuto 2 e o minuto 4 de partido.

A partir de aí, o filial deportivista foi amo e señor do partido, gozando das mellores oportunidades. O Compos apenas creou perigo sobre a meta de Álex Cobo.

Con este resultado, o Fabril é terceiro na táboa do grupo primeiro da Terceira División con 38 puntos. Por diante marchan o Racing Villalbés (40 puntos) e o Rápido de Bouzas (líder con 44 puntos).

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Arnau, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Jardel, Manu Molina e Borja Galán. Tamén xogaron: Hugo Rama, Álex Corredera e Borja Domingo.

O próximo fin de semana, novo partido lonxe de Abegondo, en Carballo ante o Bergantiños.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2  - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)