RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril tráese o tres puntos de Negreira

Non hai quen poida co Fabril. O líder non só gaña cando xoga ben, tamén é capaz de amarrar o tres puntos cando non está tan acertado, tal e como ocorreu esta tarde en Negreira (0-2), sobre todo na segunda parte.

Óscar puxo en vantaxe ao filial ao cuarto de hora de xogo e Álex Corredera sentenciou a falta de 3 minutos para o final, ante un Negreira que estaba con 9 xogadores sobre o campo.

Con este resultado, o Fabril manda na Terceira División con 63 puntos, 5 puntos máis que o seu inmediato perseguidor, o Rápido de Bouzas, que ten 58 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Quique Fornos, Arnau, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Borja Domingo, Manu Molina e Borja Galán. Tamén xogaron: Carlos López, Álex Corredera e Jorge Carreón.

O próximo fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Barbadás.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arousa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Ordes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - Rápido de Bouzas 0
Choco 0 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - Cerceda 0
Negreira 0 - Fabril 2 (Óscar e Álex Corredera)