A Federación Galega fixou o 12 de setembro para o inicio da competición, a condición de que o permita a situación da pandemia de COVID-19.
O Fabril arrancou a pretemporada o pasado 21 de xullo en Abegondo despois de completar o martes 20 as pertinentes probas médicas no Centro QuirónSalud A Coruña, sito en ABANCA-RIAZOR.
Este sábado 31 de xullo, o cadro dirixido por Óscar Gilsanz ten previsto xogar a súa primeira amigable de pretemporada, en Abegondo ante o Sofán SD (11:30 horas, campo 3).