RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O fútbol foi cruel co Xuvenil B ante un afortunado Boiro

O fútbol foi esta vez cruel co Xuvenil B, que perdeu ante o Boiro (2-3) cun tanto visitante no último minuto.

O partido, correspondente á 18ª xornada na Liga Nacional (primeiro da segunda volta), púxose pronto de cara para os branquiazuis, con tantos de Pablo e Pichu nos primeiros 20 minutos.

O Xuvenil B non foi capaz de liquidar o partido cun terceiro tanto, a pesar de contar con numerosas ocasións para facelo. O Boiro si aproveitou un fallo defensivo deportivista para recortar diferenzas antes do descanso.

Na segunda parte, os visitantes de novo acertaron á contra coa portería do branquiazul Antón, con dous novos goles na recta final do partido. E iso que o Xuvenil B estrelou un par de balóns nos paus e foi o gran dominador do xogo.

Con este inxusto resultado, o Xuvenil B é quinto na táboa con 34 puntos.

Xuvenil B: Antón, Iván, Borja, Pablo, Barbeito, César, Bruno, Jorge, Rojo, Pichu e Íñigo. Tamén xogaron: Litos, Julián, Paulo e Ernesto.

O Ourense CF será o próximo rival do Xuvenil B.

Os resultados até a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes:

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0
Coruxo 1 - Xuvenil B 1 (Rojo)
Xuvenil B 2 (César e Pichu) - Lugo B 4
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - Santa Mariña 0
Pabellón Ourense 1 - Xuvenil B 1 (Kilian)
Xuvenil B 6 (Kilian -2-, Barbeito, Rojo -2- e Paulo) - Victoria 1
Porriño 0 - Xuvenil B 2 (Rojo -2-)
Xuvenil B 1 (Rojo) - Celta B 1
Ural 0 - Xuvenil B 1 (Pichu)
Xuvenil B 2 (Jorge e Ernesto) - Conxo 0
Rápido de Bouzas 2 - Xuvenil B 2 (Kilian -2-)
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Lérez 0
Xuvenil B 2 (Pichu e Pablo) - Boiro 3