RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A vence ao Victoria CF e dominou de principio a fin o subgrupo B da liga Galega

O Infantil A dobregou (1-4) ao Victoria CF e erixiuse como dominador de principio a fin do subgrupo B da liga Galega. Daniel -2-, Brian e David foron os goleadores branquiazuis deste partido correspondente á 10ª xornada e última.

Infantil A: Anxo, Vergara, Sergio, Miguel, Samuel, Álvaro, André, Iván Barreiro, Daniel, Brian e Jairo. Tamén xogaron: David, Raúl, Jorge e Rodrigo.

O equipo que dirixe Juan Villamisar é campión de grupo con 22 puntos, con 7 partidos gañados e 1 empatado. Os branquiazuis anotaron 33 goles e encaixaron 6.

A partir de agora, os dous primeiros clasificados deste grupo, Infantil A e Victoria CF, pasarán á seguinte fase ou fase polo título. Cada un destes dous equipos accede a un novo subgrupo. O formato de competición agora será de liga a unha volta. O primeiro deste novo subgrupo pasa á semifinal, a partido único; e o vencedor xogará a gran final.

Os resultados do Infantil A en o subgrupo B norte da liga Galega foron os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 6 (Murilo -2-, José Rei -2-, Daniel e Brian)
Infantil A 3 (José Rei e Rubén -2-) - Ural CF 2
CD Calasanz 0 - Infantil A 3 (André, Daniel e Rubén)
Infantil A 3 (Daniel, Miguel e Rubén) - Victoria CF 1
Infantil A 5 (Daniel, Rubén, André, Iván Barreiro e David) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0
Ural Español CF 1 - Infantil A 1 (Daniel)
Infantil A 8 (Daniel -2-, Brian -2-, Sergio e Rubén -3-) - CD Calasanz 1
Victoria CF 1 - Infantil A 4 (Daniel -2-, Brian e David)