RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B conclúe a temporada coa participación esta fin de semana na Levante Cup

O Infantil B pecha esta fin de semana unha longa temporada, marcada pola consecución do título ligueiro no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Os deportivistas participan na Levante Cup 2017, un torneo que se disputa en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Vera), do venres 23 ao domingo 25 de xuño.

O sorteo do calendario de competición será o venres. Haberá unha Primeira Fase que se xoga baixo o sistema de liguiña. A continuación, os dous primeiros de grupo pasan á Fase polo Título e os dous seguintes, a unha Fase de Consolación.

Dobre representación do Club (Alevín A e Benxamín A) no Torneo do Coruxo FC

Dous equipos (Alevín A e Benxamín A) representarán ao RC Deportivo no Torneo que organiza o Coruxo FC no campo do Vao (Vigo) este sábado 24 de xuño.

Así, o Alevín A ten este calendario na Primeira Fase:

10:30: ALEVÍN A - PORTO
13:00: CORUXO - ALEVÍN A
16:00: ALEVÍN A - PORRIÑO

Os tres primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Pola súa banda, o Benxamín A competirá con estes horarios na Primeira Fase:

10:30: BENXAMÍN A - PORTO
12:00: CORUXO - BENXAMÍN A
15:00: BENXAMÍN A - PORRIÑO

Os tres primeiros clasificados pasan a cuartos de final, xa inmediatamente.