RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B saca adiante un incómodo partido ante o Calasanz B

O Infantil B non fallou nun incómodo partido ante o Calasanz B (1-3), con tantos de Barral, Xosé e Adrián. Os branquiazuis dominaron todo o encontro ante un rival que se defendeu con orde e que chegou con perigo nun par de oportunidades.

Con este resultado, o Infantil B é segundo na táboa con 16 puntos, a 2 puntos de distancia do líder, o Orillamar A.

Infantil B: Marcos, Zerfu, Miguel, Rubén, Torres, Xosé, Marco Baña, Barral, Álvaro, Diego e Pablo Seco. Tamén xogaron: Álvaro Pedre, Adrián e Mateo.

Este xoves 12 de outubro, día festivo, haberá un novo partido ligueiro, pertencente á xornada 7ª do grupo 1º da Primeira Autonómica. O Infantil B recibe en Abegondo (11:00) ao Bergantiños B.

Os resultados do Infantil B ata a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luís e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3
Atlético Coruña Montañeros B 1 - Infantil B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)
Infantil B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - Imperátor B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 3 (Barral, Xosé e Adrián)