RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Luis Calvo C e o frío frean ao Benxamín B

O Benxamín B cedeu os seus dous primeiros puntos desta tempada ao empatar (4-4) en Carballo ante o Luís Calvo C, que chegou a ir por diante 3-1 ao descanso. O conxunto branquiazul nunca se rendeu e logrou salvar polo menos un punto, cos goles de Íker, Xabi, Marco e Anxo.

O encontro estivo marcado polas baixas temperaturas dada a vaga de frío que azouta Galicia e ao temperán da hora do choque: 10:00.

Con este resultado, o Benxamín B é líder do grupo da Segunda Comarcal A Coruña con 34 puntos, 3 de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Ural C, que suma 31 puntos.

Benxamín B: Alex, Xabi, Nico, Anxo, Guille, Íker, Diego e Marco. Tamén xogaron: Eder, Raúl, Joel, David, Isma e Pablo.

O Olímpico B será o próximo rival do Benxamín B.

Os resultados do Benxamín B nesta competición son os seguintes:

Benxamín B 5 (Mosquera -2-, Nico -2- e Marco) - Luis Calvo C 1
Olímpico B 0 - Benxamín B 10 (Anxo -4-, Santi -2-, Diego e Raul -3-)
Benxamín B 9 (Eder -3-, Diego -3- e Raul -3-) - Atlético Arteixo C 0
Calasanz 0 - Benxamín B 5 (Mosquera, Anxo, Nico, Diego e Raúl)
Benxamín B 8 (Íker -2-, Isma -2-, Anxo -2-, Diego e Marco) - Victoria C 1
Imperátor C 1 - Benxamín B 8 (Santi -3-, Diego, Guille, Eder, Isma e Raúl)
Benxamín B 23 (Xabi, Guille -2-, Raúl, Santiago -2-, Anxo -4-, Diego -4-, Isma, Eder -3-, Nico -3- e Mosquera -2-) - Rayo Sadense B 0
Obrero B 0 - Benxamín B 5 (Raul -2-, Iago, Anxo e Guille)
Benxamín B 7 (Anxo -2-, Eder, Guille, Pablo, Iago e Nico) - Atlético Coruña Montañeros C 0
Once Caballeros B 0 - Benxamín B 2 (Diego e Iago)
Benxamín B 1 (Nico) - Ural C 0
Luis Calvo C 4 - Benxamín B 4 (Íker, Xabi, Marco e Anxo)