RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino cede ante o Victoria CF nun partido equilibrado

O Orzán SD Cadete Feminino caeu na súa visita ao Victoria CF (3-2), en partido correspondente á 3ª xornada na Liga Galega Cadete.

O choque foi moi equilibrado e puido caer para calquera dos dous equipos; no entanto foi o Victoria CF o que aproveitou mellor os fallos do rival.

Paula Sánchez e María Vilariño foron as autoras dos goles do Orzán SD Cadete Feminino.

Con este resultado, as orzanistas queda na cuarta posición da táboa con seis puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza García, Candela Moreno, Uxía López, Nadia Longueira, Antía García, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Paula Sánchez, Emma Gandoy, Maca González e Ana Capelo. Tamén xogaron: Carla Lugilde, Uxía Rabuñal, Noelia Furelos, Sara Domínguez e María Vilariño.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino recibe na Torre ao Caldas CF.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Femenino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)