RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino mostra a súa contundencia en Santiago ante o Victoria FC

O Orzán SD Infantil Feminino exhibiu en Santiago a súa contundencia ao derrotar (0-4) ao Victoria FC en partido correspondente á 4ª xornada da Fase polo Título da Liga Galega.

Yanis Citoula, Ánxela Prado -2- e Emma Gandoy foron as goleadoras nun partido con altísima eficacia ofensiva das orzanistas.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino suma 12 puntos e mantense na pelexa polo liderado co Victoria CF.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Eva Rama, Candela González, Paula Martínez, Alexia Freire, Emma Gandoy, Candela Fernández, Lola Nieto, Yanis Citoula, Sofía Rodríguez e Ánxela Prado. Tamén xogaron: Valeria Montero, Valentina Millón, Sofía Milhem, Irene Míguez e Carmen Traba.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Infantil Feminino recibe na Coruña ao Umia CF.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo Título Galego son os seguintes:

UD Mos 0 - Orzán SD Infantil Feminino 1 (Yanis Citoula)
Orzán SD Infantil Feminino 9 (Sofía Rodríguez -5-, Valeria, Candela Fernández e Ánxela Prado -2-) - Lóstrego CF 1
Victoria CF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 0
Victoria FC 0 - Orzán SD Infantil Feminino 4 (Yanis Citoula, Ánxela Prado -2- e Emma Gandoy)