RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino non falla no seu partido ante o UD Mos

O Orzán SD Infantil Feminino non fallou ante o UD Mos (3-0), en partido correspondente á 6ª xornada na Fase polo Título Galego.

Sofía Rodríguez, Yanis Citoula e Alexia Freire foron as goleadoras nun partido moi serio das orzanistas.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino suma 18 puntos e mantén o pulso polo título co Victoria CF, que ten os mesmos puntos.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Irene Míguez, Candela González, Paula Martínez, Valentina Millón, Emma Gandoy, Candela Fernández, Anxela Prado, Alba Monteserín, Sofía Rodríguez e Alexia Freire. Tamén xogaron: Valeria Montero, Eva Ouro, Yanis Citoula, Sofía Milhem e Sila Santiso.

A próxima cita para o Orzán SD Infantil Feminino será o 23 de abril en Gondomar ante o Lóstrego CF.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo título galego son os seguintes:

UD Mos 0 - Orzán SD Infantil Feminino 1 (Yanis Citoula)
Orzán SD Infantil Feminino 9 (Sofía Rodríguez -5-, Valeria, Candea Fernández e Ánxela Prado -2-) - Lóstrego CF 1
Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez, Yanis Citoula e Alexia Freire) - UD Mos 0