O Orzán SD Infantil Feminino rescata un punto ante o Victoria FC a pesar de ir desde o minuto 5 por detrás no marcador
O Orzán SD Infantil Feminino foi capaz de rescatar un punto na súa visita ao Victoria FC de Santiago (3-3) a pesar de ir desde o minuto 5 por detrás no marcador. As santiaguesas chegaron a ir con vantaxe de 3-1, pero o Orzán SD Infantli Feminino nunca arroxou a toalla e obtivo o seu premio.
Sofía Rodríguez -2- e Lola Nieto foron as autoras dos goles orzanistas neste partido correspondente á 3ª xornada no grupo norte da Liga Galega.
Con este marcador, o Orzán SD Infantil Feminino é terceiro na táboa con 4 puntos.
Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Alexia Freire, Candela González, Paula Martínez, Valentina Millón, Yanis Citoura, Irene Míguez, Candela Fernández, Valeria Montero, Sofía Milhem e Sofía Rodríguez. Tamén xogaron: Eva Rama, Sila Santiso, Carmen Traba, Noela García e Lola Nieto.
A próxima fin de semana, o Orzán SD Infantil Feminino recibe ao ADC Obradoiro.
Os resultados até a data do Orzán SD Infantil Feminino foron os seguintes:
Orzán SD Infantil Feminino 7 (Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-) - Xuventude de Crendes CF 1 Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez -2- e Lola Nieto)