RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino encaixou os dous goles en Lugo cando mellor estaba a xogar

Ao Orzán SD Xuvenil Feminino escapóuselle o partido ante o CD Lugo (2-0) correspondente á 6ª xornada na Primeira División Galega cando mellor se atopaba sobre o terreo de xogo, coincidindo coa recta final do partido.

Antes, sobre todo na primeira metade, quizais foron mellores as lucenses aínda que non conseguiran marcar.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino queda con 7 puntos na zona alta da táboa.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Celia Sousa, Uxía López, Daniela Agilda, Antía Brage, Iria Otero, Valeria Filgueira, Abril Pazos, Ivana Fernández, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Yaiza García, Sara Cercido, Noe Gómez, Irene Arcay e Gala.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe na Coruña ao CPM Friol B.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:

SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2
SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
CD Lugo 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0