RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O presidente do Deportivo solicitou onte ao alcalde axuda para o Club

Luís Carlos Morato Miguel, presidente interino do Deportivo, solicitou ao alcalde axuda para o club. Morato acudiu onte pola mañá ao despacho oficial de Francisco Vázquez, co fin de manter un primeiro cambio de impresións e exporlle tamén con toda clase d

O alcalde prometeu estudar a cuestión co máximo interese. En realidade non oculta o seu firme desexo de que o Deportivo consiga reaccionar a tempo de impedir o seu descenso a Segunda B. Polo momento, o claro triunfo sobre o Tenerife fai concibir igualmente a Francisco Vázquez moitas esperanzas en canto a que o equipo acerte a encarrilar adecuadamente o seu futuro.

Mentres tanto, o colectivo de profesionais branquiazuis traballou onte pola mañá no Estadio de Riazor. A todos eles víuselles con especial empeño por desenvolver o programa deseñado por Arsenio Igrexas. A verdade é que os deportivistas se empregaron con afán extraordinario, quizá para testemuñar que ese será o seu talante nos próximos compromisos. Durante unha fase do ensaio os xogadores dedicáronse a tirar a gol...e fixérono con forza e bastante puntaría...