RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo axusta o punto de mira para o duelo en Almería

O Deportivo axustou esta mañá en Abegondo o punto de mira de cara ao encontro deste luns 19 de novembro no Estadio dos Xogos Mediterráneos de Almería (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 14 ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Así, en primeiro lugar, e após un quecemento, os técnicos dispuxeron dun exercicio de centros e remates no campo 3.

A continuación, Natxo González ordenou a centrocampistas e dianteiros un traballo de mecanismos de ataque con finalizacións mentres que os centrais realizaron unha tarefa específica na outra metade de campo.

O punto e final ao adestramento sobre o céspede púxoo un partido táctico 11 contra 11, co técnico dando continuas instrucións de cara a facer dano ao UD Almería, un conxunto forte no seu terreo de xogo e que vai apertar moi arriba aos deportivistas.

Mañá domingo, o equipo adestrarase ás 09:30 en Abegondo. Ao concluír, os convocados partirán de viaxe a Almería, vía Málaga.