RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo, xa cos internacionais, rebaixou a intensidade do adestramento

Xa coa presenza de Celso Borges e Fede Valverde, os dous últimos internacionais en regresar á Coruña das concentracións das súas seleccións, o Deportivo, como é habitual dous días antes de cada partido, rebaixou a intensidade do adestramento desta mañá en Abegondo.

Así, o cadro, incluídos os fabrilistas Francis e Edu Expósito, realizou xogos con e sen balón, rondos e fútbol-tenis. A continuación, os futbolistas pasáronse polo ximnasio e a padiola de masaxe.

Mañá sábado, o Dépor adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30 horas.

Ao finalizar, Pepe Mel dará a lista de convocados que pola tarde viaxarán a Eibar, vía Bilbao, para medirse ao conxunto eibarrés o domingo 15 de outubro ás 12:00 horas (Bein LaLiga).