RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo recibe en ABANCA-RIAZOR a visita da Embaixadora de Turquía

O RC Deportivo recibiu esta tarde en ABANCA-RIAZOR a Nüket Küçükel Ezberci, embaixadora de Turquía en España, Nur Alkış, Primeira Conselleira de Turquía e a Francisco Peleteiro, Consúl de Turquía en España. Por parte do club estiveron presentes Álvaro García Diéguez, Presidente do RC Deportivo e Álex Bergantiños, conselleiro do RC Deportivo e ex futbolista da entidade.

Este acto está enmarcado dentro da viaxe que Küçükel está a realizar á cidade de A Coruña. A visita serviu para que a embaixadora de Turquia, que sempre estivo moi ligada ao mundo do fútbol sendo primeiro a Vicepresidenta do Fenerbahçe SK e ocupando actualmente o cargo de Vicepresidenta da Federación turca de fútbol, puidese coñecer a historia do noso club e de ABANCA-RIAZOR. 

O acto consistiu nun tour guiado por todo o estadio do Dépor e unha pequena explicación da traxectoria e éxitos do equipo nos seus 117 anos de historia, ademais de coñecer anécdotas e curiosidades sobre o feudo branquiazul. Antes de finalizar a visita, os asistentes recibiron unha camiseta serigrafiada como recordo do seu paso por ABANCA-RIAZOR.