RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo recibe o premio RSE de Galicia no ámbito económico

O Real Club Deportivo foi premiado pola Xunta de Galicia no ámbito económico da mediana empresa nos galardóns de Responsabilidade Social Empresarial 2017, pola implantación do programa de cumprimento normativo, código ético, código de boas prácticas, regulamento de réxime interior e política de transparencia cun 100% de implantación.

Martín Pita, conselleiro, e Gelines Romero, directora da área social, representaron ao Real Club Deportivo no acto de entrega celebrado na Cidade da Cultura de Galicia e recolleron o galardón de mans do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Nesta edición os premiados na categoría de gran empresa foron a Queixería Entrepinares de Vilalba (campo social), Abanca (ambiental) e PSA Peugeot-Citröen (conciliación e igualdade); en mediana empresa, M.Caeiro de Santiago, o Real Club Deportivo e Pescados Rubén de Foz; e na pequena empresa, Casa Grande de Xanceda de Mesía (social), Metal Ferrol de Narón (económico), Revertia Reusing and Recycling do Porriño (ambiental) e Promove Consultoría e Formación (conciliación). Recibiron, ademais, unha mención Ledisson A IT&do Porriño no campo social e Trameve de Santiago no ambiental.