RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O sábado abre a OAD camiño dos 2.500 abonados

A campaña de abonos 2017-2018, que arrincou este mércores, pechará o sábado a súa primeira semana de venda física. A Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR abrirá as súas portas de 10:30 a 13:30 para atender aos 222 socios que solicitaron cita previa e a todos aqueles que queiran acudir a renovar o seu abono ou sumarse á xente mariñeira.

Ata agora despacháronse xa 2.238, 690 hoxe, dos cales son altas 44 e 100 renovacións en liña.

Lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es  ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.