RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Teresa Herrera, o 12 de agosto, Deportivo-Lazio

O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D., reunido esta tarde, viu con desagrado o desinterese do Excmo. Concello respecto das propostas formuladas por esta entidade para elaborar un convenio de colaboración, no que se inclúe a

Este Consello lamenta sinceramente a postura do Concello, pero entende que o prestixio do Trofeo Teresa Herrera e o interese dos cidadáns da Coruña están moi por encima de calquera diverxencia e, para saír do punto morto en que se acha esta situación, tomou por unanimidade o acordo de subscribir o convenio redactado unilateralmente polo Excmo. Concello e proceder á organización do Trofeo Teresa Herrera.

Esta era a conclusión da reunión do Consello de Administración. Tras esta xunta, o presidete do Real Club Deportivo, Augusto César Lendoiro, anticipou que o Trofeo Teresa Herrera do 2001 está tamén organizado e contará coa presenza, ademais do Deportivo, do Sporting de Lisboa, o Peñarol de Montevideo e o Real Madrid, este último dentro da operación de traspaso de Flavio ao club branco.

Augusto César Lendoiro aproveitou para desexar sorte ao xogador no seu novo equipo, "excepto cando xogue contra o Deportivo". O presidente branquiazul confirmaba que o acordo co Real Madrid é total por Flavio. O traspaso acordouse nas cantidades comentadas en días pasados pero cunha nova condición: Eto'o só poderá xogar ata o 30 de xuño de 2001 no Real Madrid ou no Deportivo. En caso de xogar noutro equipo o Deportivo cobraría unha indemnización.