RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A ascende á 3ª praza após derrotar con sufrimento ao ED Val Miñor Nigrán

O Xuvenil A xa é terceiro no grupo 1º da División de Honra após superar en Abegondo (2-1) ao ED Val Miñor Nigrán, en partido correspondente á 11ª xornada.

Sarmiento e Juan Rodríguez puxeron en clara vantaxe aos branquiazuis no marcador na primeira parte. Pero os vigueses apertaron, recortaron diferenzas e obrigaron ao Xuvenil A a aplicarse en defensa para amarrar os 3 puntos.

Con este marcador, os deportivistas suman 23 puntos e quedan a 2 puntos de distancia do Sporting de Gijón, segundo na clasificación con 25.

Xuvenil A: Íker, Iván, Pedro, Pablo Fraga, Juan Rodríguez, Prendes, Litos, Barba, Noel, Sarmiento e Víctor. Tamén xogaron: Pol, Mario, Peke e Luque.

O vindeiro sábado 23 de novembro, o Xuvenil A visita ao Racing de Ferrol, ás 16:00 no campo da Gándara.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

eal Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Sarmiento) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Edu Taboada e Peke)
Xuvenil A 2 (Sarmiento e Juan Rodríguez) - ED Val Miñor Nigrán 1