RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A cobra vantaxe nos oitavos de final da Copa do Rei

O Xuvenil A superou esta mañá en Abegondo (2-0) ao Osasuna, no partido de ida de oitavos de final da Copa do Rei. Pedro e Ortuño foron os goleadores branquiazuis nun partido dominado polos pupilos de Rubén Coméndez.

Os dous tantos chegaron na segunda metade, ante un Osasuna que apenas inquietou á meta do Xuvenil A durante os 90 minutos.

Xuvenil A: Francis, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Sito, Aarón, Pedro, Ortuño e Iago Novo. Tamén xogaron: Kanoute, Adrián, Mosquera e Boedo.

O vindeiro domingo 21 de maio, o Xuvenil A disputará o encontro de volta, ás 12:00 en Tajonar, a cidade deportiva do Osasuna.