RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A dobra o xeonllo no minuto 89 de #ONOSODERBI da División de Honra

O Xuvenil A dobrou o xeonllo en #ONOSODERBI da División de Honra disputado na Madroa (2-1) cun gol céltico, o da vitoria, logrado no minuto 89.

Nacho foi o autor do único tanto deportivista que ademais puña en vantaxe aos pupilos de Manuel Pablo aos poucos minutos de xogo.

Co marcador deste disputado partido correspondente á 12ª xornada, o Xuvenil A é segundo na clasificación con 29 puntos por 34 puntos do líder, o RC Celta.

Xuvenil A: Brais, Quique Teijo, Álex González, Seydiba, Mauro, Rubén, Nacho, Hugo Baldomar, Trigo, Diego e Padín. Tamén xogaron: Jairo, Manu Berrocal, Garaboa e Embid.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados do Xuvenil A até a data en liga son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)
Xuvenil A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD Marina Sport 0
Sporting de Gijón 3 - Xuvenil A 3 (Rubén e Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 6 (Diego -3-, Mato -2- e Álex González) - CD Arenal 1
RC Celta 2 - Xuvenil A 1 (Nacho)