RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A salva un punto en Pontevedra no minuto 88

O Xuvenil A salvou un punto ante o Pontevedra (1-1) cun gol de Sito no minuto 88 do partido pertencente á xornada 7ª no grupo 1º de División de Honra xogado en Meis.

Non estiveron finos os xogadores branquiazuis, que polo menos lograron evitar a derrota. Con este resultado, o Xuvenil A suma 15 puntos no grupo de cabeza.

Xuvenil A: Pablo Brea, Valín, Jiménez, Mujaid, Iago Parga, Gandoy, Sito, Javi Sandá, Mosquera, Ortuño e Óscar Lorenzo. Tamén xogaron: Porrúa, Sebas, Pedro e Guillem.

Este domingo 15 de outubro hai unha nova xornada ligueira, a 8ª, na que o Xuvenil A recibe en Abegondo (19:00 horas) ao Santiago de Compostela.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Rubén Coméndez son os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano '2000' 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1
Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito)