RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B comeza cun sorriso a súa andaina na liga Nacional

O Xuvenil B impúxose (3-1) en Abegondo ao Orillamar en partido correspondente á 1ª xornada da Liga Nacional. Peke, Aye e Mario foron os autores dos goles branquiazuis neste arranque ligueiro.

Peke ademais pode presumir de ser o autor do primeiro tanto da Liga Nacional 2018-19, quizais un dos goles máis temperáns da súa historia, ao minuto de xogo.

Xuvenil B: Íker, Roque, Pol, Juan, Jose, Mario, Aye, Peke, Do Carmo, Portas e Luque. Tamén xogaron: Landeira, Melide, Juanma e Pablo.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Porriño Industrial, en día e hora por fixar.