RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B competiu de ti a ti cun rival de superior categoría, o CD Calasanz de División de Honra

O Xuvenil B competiu de ti a ti, é dicir, a moi bo nivel, ante un rival de superior categoría, o CD Calasanz de División de Honra. O resultado, que é o de menos en pretemporada, favoreceu (0-1) ao conxunto colexial.

Xuvenil B: Lemos, Carlos Iglesias, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Rubén, Diego, Roque, Trigo, Baldomar e Íker. Tamén xogaron: Carlos Rodríguez, Nico, Embid, Kevin, Montero e Gabri.

A próxima semana está previsto un novo amigable para o conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher, pendente de confirmar día, hora e rival.

O calendario de pretemporada do Xuvenil B marcha así:

Xuvenil B 4 (Quique, Nico, Diego e Trigo) - Racing de Ferrol A 0
Xuvenil B 2 (Hugo Baldomar e Diego) - Ural CF A 3
Xuvenil B 0 - CD Calasanz 1