RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B leva un desgusto en Porriño

O Xuvenil B caeu en Porriño (2-1), en partido correspondente á 2ª xornada da Liga Nacional.

Adiantouse o equipo pontevedrés con dous goles que chegaron nos minutos 31 e 60. Fito, que acababa de saltar ao terreo de xogo, recortou diferenzas no minuto 69, pero os branquiazuis, aínda que o tentaron, non foron capaces de igualar o partido.

Así pois, o Xuvenil B queda con 3 puntos dos 6 disputados até á data.

Xuvenil B: Íker, Roque, Pol, Juan, Jose, Mario, Do Carmo, Portas, Juanma, Peke e Luque. Tamén xogaron: Fito, Melide, Aye e Víctor.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Lugo B.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)