RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B mantense no grupo da cabeza cun triunfo fronte ao Valladares

O Xuvenil B mantense no grupo de cabeza da Liga Nacional cun triunfo (1-3) ante o CVC Valladares en Vigo, en partido correspondente á 9ª xornada. Pol, Novoa e Luque foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o conxunto deportivista suma 19 puntos na 4ª posición, a 3 puntos dos líderes (Pabellón Ourense CF, Celta B e Victoria CF), todos eles con 22 puntos.

Xuvenil B: Íker, Roque, Pol, Fito, José Manuel, Pablo, Novoa, Peke, Luque, Mario e Portas. Tamén xogaron: Gonçalo, Víctor, Juanma e Landeira.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao CD Calasanz.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)
Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0
ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke)
Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1
Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0
Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario)
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque)