RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

OAD, DéporTiendas e DéporClínica pechan mañá pola tarde con motivo do acto de entrega de insignias do Club

O Real Club Deportivo celebra mañá martes 16 de outubro ás 20:30 horas en Palexco (apertura de portas ás 20:00 h.) o acto social máis importante de cada ano, a entrega das insignias de prata aos socios que cumpren 25 anos. Por este motivo, as instalacións do Club permanecerán pechadas pola tarde.

A Oficina de Atención ao Deportivista (na súa localización provisional dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes) e a sede social da Praza de Pontevedra abrirán as súas portas só en horario de mañá (de 10:00 a 13:30 a primeira e de 09:00 a 14:00 h. a segunda), mentres que as DéporTiendas de Marineda City e ABANCA-RIAZOR pecharán as súas portas ás 17:30 horas. Até as 16:15 a DéporClínica manterá o seu horario habitual, deixando de atender a pacientes a partir desa hora.

Tamén cesará a actividade vespertina na Cidade Deportiva de Abegondo.