RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ola John, novidade na lista para recibir ao Betis

Ola John, incorporado neste mercado de inverno, é a gran novidade de 19 futbolistas convocados para recibir mañá venres en Riazor ao Betis (20:45, Gol), en partido correspondente á 21ª xornada de LaLiga Santander. Respecto ao pasado fin de semana en Eibar, Luisinho tamén regresa á convocatoria.

Esta mañá en Abegondo, co fabrilista Nacho Monsalve, o equipo realizou un exercicio de posesión, para continuar con accións ofensivas e remates; e un partido once para once ao ancho do campo. O traballo sobre o céspede finalizou con ensaio de accións de estratexia.

Tras o partido ante o Betis, o cadro está citado de novo en Abegondo este sábado 4 de febreiro ás 11:00.