RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os erros defensivos condenan ao Xuvenil A en Santander

Os erros defensivos condenaron ao Xuvenil A no seu partido en Santander ante o Atlético Perines (3-2), correspondente á 16ª xornada no grupo 1º da División de Honra.

Os deportivistas foron superiores ao seu rival pero os cántabros, que xa gañaban no minuto 1, aproveitaron á perfección os agasallos branquiazuis.

Valín e Armas foron os goleadores do Xuvenil A nun partido que deixa ao conxunto de Javier Álvarez 7º na táboa con 25 puntos.

Xuvenil A: Brea, Iván, Íñigo, Mujaid, Juan, Prendes, Valín, Armas, Gonçalo, Jorge e Álex. Tamén xogaron: Guedes, Litos, Kilian e Israel.

O vindeiro sábado 15 de decembro (16:30), o Xuvenil A recibe ao Real Oviedo.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos)
Alondras CF 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 6 (Prendes, Juan -2-, Kilian -2- e Óscar) - Bansander 1
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil A 2 (Juan e Armas)
Xuvenil A 0 - Real Racing Club 1
Pontevedra CF 0 - Xuvenil A 2 (Armas -2-)
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 2 (Valín e Armas)