RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os fabrilistas One e Edu Expósito, novidades na lista para o choque fronte ao Real Madrid

Os fabrilistas One e Edu Expósito son as novidades na convocatoria de 19 futbolistas de Cristóbal Parralo para o partido de mañá domingo 21 de xaneiro (16:15, Bein LaLiga) ante o Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu, correspondente á 20ª xornada de LaLiga Santander.

Esta mañá, Sidnei retirouse após o quecemento a consecuencia dunha elongación no bíceps femoral da súa perna esquerda. Completou a mañá cos fisioterapeutas, do mesmo xeito que Raúl Albentosa.

Fede Cartabia continuou o seu proceso de readaptación deportiva ás ordes do readaptador, Fran Molano.

Ademais de One e Edu, hoxe Quique Fornos exercitouse co primeiro equipo.

No adestramento desta mañá, após un quecemento e un circuíto físico con finalizacións, Cristóbal Parralo repasou aspectos tácticos no campo 3. Unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final á sesión.

Os convocados viaxan esta tarde a Madrid, segundo este plan de viaxe:

Sábado 20 de xaneiro
18:30: Saída desde o Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas
19:30: Chegada aproximada a Madrid e aloxamento no Hotel Meliá Madrid Serrano (antigo Meliá Galgos)

Domingo 21 de xaneiro
16:15: Real Madrid - Deportivo, no Estadio Santiago Bernabéu
20:30: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña
21:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Após o encontro, todo o cadro adestrarase de novo en Abegondo o martes 23 de xaneiro ás 11:00.