RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os futbolistas do primeiro equipo sometéronse esta mañá a unha analítica médica de control

Os futbolistas do primeiro equipo tiveron esta mañá unha proba analítica de control, co fin de coñecer exactamente o seu estado físico cara ao esprint final da Liga, cos últimos dez partidos en apenas mes e medio.

Así, desde as 9:00 horas ata as 9:45, os xogadores foron chegando de forma graduada á cidade deportiva para realizar a proba cos médicos Ramón Barral e Carlos Lariño.

Ás 10:30, previo paso pola cafetaría da cidade deportiva para almorzar, arrancou o adestramento no céspede, hoxe cos fabrilistas Nacho Monsalve, Hugo Rama, Manu Molina e o xuvenil Mujaid.

Mosquera adestrouse co readaptador, Fran Molano; e Arribas tivo tratamento médico e de fisioterapia, a consecuencia dunhas molestias no seu xemelgo dereito, pendente de avaliación médica.

Pepe Mel dispuxo varios exercicios de fútbol con obxectivos e, para concluír, un partido no campo 3 da cidade deportiva.

Á espera da chegada á Coruña, ao longo do día, dos internacionais Emre Çolak e Gaël Kakuta (Fayçal Fajr e Celso Borges aínda xogan hoxe martes en Marrocos e Honduras, respectivamente), o cadro está citado en Abegondo mañá mércores ás 10:30 para un novo adestramento.