RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os novos videomarcadores de Riazor obrigan a cambios no aforamento do estadio

  O Real Club Deportivo instalará, para principios da Tempada 2015 - 2016, dous novos videomarcadores no Estadio Municipal de Riazor que obrigarán á eliminación de 548 localidades (272 en Pabellón Superior e 276 en Mar

O Deportivo, desde a súa Oficina de Atención ao Deportivista, porase en contacto ao longo das próximas horas cos abonados afectados (situados entre as filas 19 e 26 e os asentos 1 e 42 en Marathón Superior; e as filas 19 e 26 e os asentos 1 e 44 en Pavillón Superior) para informarlles da actuación e ofrecerlles alternativas de situación no estadio.

O proxecto de instalación da estrutura de sujeción e de cambio de pantallas xa está en marcha co obxectivo de que nos comezos da tempada os novos equipos de imaxe estean operativos en Riazor. En cada un dos fondos instalarase unha pantalla LED de máis de 100 metros cadrados, apoiadas nunha estrutura construída especificamente para adaptarse ás características do estadio. Deste xeito, os videomarcadores deixarán de estar suspendidos no teito dos fondos de Riazor para pasar a estar integrados nas últimas filas centrais de cada unha das bancadas superiores de Marathón e Pavillón.