RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Servizos Médicos, pendentes de Mosquera, Lucas e Schär

Os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán ao adestramento de mañá sábado ás 10:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR para saber se Pedro Mosquera, Lucas Pérez e Fabian Schär están en condicións óptimas de xogar en Eibar este domingo 15 de outubro ás 12:00 horas (Bein LaLiga).

Esta mañá, os dous xogadores coruñeses traballaron co grupo nunha sesión de baixa intensidade; e o internacional suízo estivo ás ordes do readaptador, Fran Molano.

Están de baixa Carles Gil, Adrián, Rubén e Gerard Valentín, este con unha contusión con ferida inciso-contusa na tibia da perna dereita producida no adestramento de onte xoves.