RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os titulares en Pasarón, ademais de Bakkali, rebaixaron o ritmo de adestramento

Pepe Mel dividiu esta mañá ao primeiro cadro en dous grupos, no único adestramento previsto para hoxe mércores 26 de xullo.

Para todos houbo un traballo preventivo no ximnasio e un exercicio de posesión con porterías, neste caso no campo 2.

A continuación, os titulares onte Pasarón no Trofeo Luis Otero, incluído Bakkali, que relevou a Andone ao cuarto de hora de xogo, tiveron recuperación, con masaxe e ximnasio.

Os demais realizaron diversos exercicios de fútbol, en espazo reducido, para completar unha mañá de alta intensidade para este grupo.

Quedaron no vestiario Carles Gil; Florin Andone, cunha contusión no sóleo; e Bruno Gama, cun golpe na cadeira; estes dous últimos do partido de onte en Pontevedra.

Luisinho, que sufriu o pasado luns unha contusión no xemelgo que lle impediu estar onte a disposición de Pepe Mel, realizou xa unha parte do adestramento co grupo.

Mañá xoves, o equipo adestrarase en Abegondo ás 10:00 horas. Tras a comida no Hotel Tryp (13:30 horas), o Dépor pelexará pola tarde en Ferrol (20:00 horas) ante o Racing polo Trofeo Concepción Arenal, que este ano alcanza a súa 56ª edición.

A directiva do Club racinguista fixou os seguintes prezos:

-Tribuna: 15 euros
-Preferencia: 12 euros
-Bancada de fondo: 10 euros
-Menores de 12 anos: 1 euro en calquera bancada