RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz: O camiño que segue o Club é asegurarse a continuidade dos xogadores máis novos

Óscar Gilsanz manifestou este mediodía en rolda de prensa que, en referencia á renovación de Diego Gómez, "o camiño que segue o Club é asegurarse a continuidade dos xogadores máis novos. E nese sentido todos estamos contentos de que o camiño sexa ese".

Polo que respecta á competición, lembra que neste grupo 1º de Segunda Federación "hai moitos equipos en moi poucos puntos e os partidos que nos quedan son contra rivais que están preto na clasificación".

Un exemplo é o rival deste domingo 17 de marzo ás 17:00 en Abegondo (Youtube RC Deportivo), a RS Gimnástica de Torrelavega, "un bo rival, un equipo que a principio de temporada non esperaba estar a pelexar por non descender de categoría senón máis ben por posicións de arriba. Sabemos que ten moi bos futbolistas e é capaz fóra de casa de ser un equipo moi perigoso. Demostrouno hai 15 días en Santiago onde quedou a uns minutos de gañar 3 puntos e demóstrao sendo o único equipo da liga con máis puntos fóra de casa que en casa. Iso dános unha idea do perigo e da categoría do rival", apuntou.

Preguntado por Diego Gómez, o preparador fabrilista veo "dando pasos cara a adiante" despois de estar varios meses lesionado: "Ten moita vontade para recuperar o nivel que tiña ao comezo de liga e vai por ese camiño. Tratamos de axudalo porque o traballo del é o que lle vai a dar o seu mellor nivel".

Finalmente, valora como "boa noticia" a convocatoria de Kevin Sánchez e David Mella coa selección española sub-19. "É certo que non imos poder contar con eles, o primeiro equipo con Mella e nós con Kevin, a próxima fin de semana, pero que as ausencias dos futbolistas sexan por este tipo de cousas, de convocatorias da selección; o que indica o bo rendemento dos xogadores e o bo traballo da xente que está en Abegondo, adestradores, Servizos Médicos, condutores... A suma de todo isto fai que teñamos estas boas noticias ao redor de #ANOSACANTEIRA", subliñou respecto diso Óscar Gilsanz.