RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Pablo Brea, citado polo seleccionador nacional sub-16 para uns adestramentos

O porteiro do Cadete A do Deportivo, Pablo Brea Fontáns foi citado para participar nos adestramentos da selección española sub-16 que se celebran na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) desde hoxe e ata o vindeiro mércores 25.

Pablo Brea levará a cabo estas sesións de traballo xunto a outros 23 xogadores doutros 13 equipos do fútbol nacional, sendo o único en representación do fútbol galego.