RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Partido once para once nun adestramento de apenas unha hora de duración

O Deportivo, cos fabrilistas Nacho Monsalve e Edu, adestrouse esta mañá no campo 2 de Abegondo.

Nunha sesión de apenas unha hora de duración no céspede, Pepe Mel dispuxo dun partido once para once, a campo completo.

Pedro Mosquera, en fase de readaptación deportiva, é o único futbolista á marxe.

Todo o cadro está citado mañá mércores, día do partido ante o Real Madrid (21:30, Movistar Partidazo) para realizar un adestramento táctico en Riazor, a porta pechada. Dará comezo ás 11:30 horas.

Ao finalizar, o técnico deportivista facilitará a lista de convocados que se concentrarán para comer no Hotel Meliá María Pita.