RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS5 mai 2025

Petxarroman considera que "fomos superiores" e Jaime admite que esta vitoria en ABANCA-RIAZOR "necesitabámola"

Álex Petxarroman e Jaime Sánchez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o Albecete Balompié.

O lateral entende que "pode ser o meu mellor partido" coa camiseta branquiazul, xa que, após haber ido gañando minutos co paso do campionato "funme sentindo máis cómodo nos últimos partidos".

Doutra banda, considera que "fomos superiores" e, con respecto ao posible play off de ascenso a LaLiga EA Sports, Petxarroman asegura que "é complicado, pero matematicamente é posible".

Finalmente tivo palabras para o ambiente vivido en ABANCA-RIAZOR a pesar de ser o terceiro partido consecutivo que se xoga no estadio un domingo ás 21:00 horas: "Sempre é moi bonito gañar aquí", finaliza.

Pola súa banda, Jaime Sánchez mostrouse "contento de volver ao once, e sobre todo de gañar e de como o fixemos, con esa vitoria tan igualada e en ABANCA-RIAZOR, que o necesitabamos".

Admite o central deportivista que "este ano en ABANCA-RIAZOR custounos un pouco máis. Cada partido aquí queremos facer o de hoxe (por onte) pero custa máis e puidemos a #ANOSAFORZA regalarlle esa vitoria que para nós é importante tamén".

Finalmente, explica que "todo o mundo quere xogar o máximo posible. Eu tamén, pero para min hai cousas máis importantes que é que co paso dos anos pregúnteslle a un excompañero meu e diga 'era un bo compañeiro'. Unha das cousas que hai que facer é adestrar ben e como capitán dar exemplo. Dedícome a iso".