RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pinceladas tácticas no novo Dépor

O Deportivo completou esta mañá unha nova e esixente sesión en Abegondo.

A medida que van chegando as novas incorporacións e vanse confirmando os que xa están, Fernando Vázquez comeza a deseñar o seu novo Dépor. Aínda con tempo por diante até o inicio da competición ligueira, esta mañá o técnico deportivista dispuxo por espazo de case media hora un exercicio táctico defensa-ataque no campo 2.

Como é habitual en cada pretemporada, o corpo técnico branquiazul non descoidou o aspecto físico, cun esixente circuíto de forza e series de carreira xusto antes de retirarse ao vestiario.

Borja Galán, con gastroenterite, non se adestrou esta mañá co grupo; ademais de Gerard Valentín e Fede Cartabia, ambos con adestramento específico no ximnasio e tamén no céspede, caso do arxentino. Celso Borges está fóra con permiso do mesmo xeito que Uche.

Mañá xoves 10 de setembro, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 10:00 horas.