RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pleno de triunfos en #ANOSACANTEIRA hoxe venres e calendario para a fin de semana

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron cita hoxe venres 25 de xuño.

Cadete A e Infantil A selaron o pase á gran final da División de Honra e da Liga Galega ante o CD Lugo (1-2 na Cheda, Lugo) e Victoria CF (2-1) respectivamente. As finais serán este domingo 27, pendente de fixar campos e horarios.

E en San Pedro de Visma (A Coruña), os dous equipos benxamíns clasificáronse para as semifinais do próximo martes do Mini Trofeo Teresa Herrera: o Benxamín A derrotou ao Atlético Coruña Montañeros CF (5-3) e o Fabril FC Benxamín ao Victoria CF (7-0).

Aínda que a gran alegría de #ANOSACANTEIRA protagonizouna o Xuvenil A, que disputou onte xoves 24 de xuño ante o Real Madrid a semifinal da Copa de Campións da División de Honra xuvenil.

Gañou o Dépor (0-1), con gol de Fito, un dos seus centrais, ao fío do descanso. Este domingo 27 de xuño, a partir das 12.00, agarda o FC Barcelona na gran final da Copa de Campións. Fronte a fronte estarán os dous mellores equipos de España.

Óscar Gilsanz dirixirá mañá sábado a partir das 11.00 da mañá a última sesión de adestramento previa ao partido.

A Federación Española habilitou aos afeccionados que desexen acudir un sistema de venda online de entradas ao prezo de 8 euros; posto que non se venderán nos despachos de billetes do Marbella Football Center. Todas as entradas son nominativas e terán que ir acompañadas dun formulario de localización persoal cuberto e impreso e que se pode descargar nesta ligazón.

Finalmente, o Alevín protagoniza a final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once este sábado 26 ás 18:00 na Grela 1 co Victoria CF A como rival. E en fútbol oito, o Alevín A e o Benxamín A, como campións da Primeira Autonómica A Coruña, disputarán o domingo 27 ás 12:15 no campo do Monte de San Tirso a gran final fronte aos campións dos grupos das Mariñas - Arteixo: San Tirso SD A e ED Luis Calvo Sanz A respectivamente.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, semifinal: REAL MADRID 0 - XUVENIL A 1 (Fito)
Copa de Campións, final: XUVENIL A - FC BARCELONA, o domingo 27 de xuño ás 12.00 no Marbella Football Center

Categoría cadete
División de Honra, semifinais: CD LUGO 1 - CADETE A 2 (Álex Delgado e Ogando)

Categoría infantil
Liga Galega, semifinais: INFANTIL A 2 (Rubén e José Rei) - VICTORIA CF 1

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, final: ALEVÍN - VICTORIA CF A, o sábado 26 de xuño ás 18:00 na Grela 1

Primeira Autonómica A Coruña / As Mariñas - Arteixo de fútbol oito, final: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD A, o domingo 27 de xuño ás 12:15 no Monte (San Tirso)

Categoría benxamín
Mini Trofeo Teresa Herrera, cuartos de final: BENXAMÍN A 5 (Mario -2-, Hugo, Íker e Leo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3
Primeira Autonómica A Coruña / As Mariñas Arteixo de fútbol oito, final: BENXAMÍN A - ED LUÍS CALVO SANZ A, o domingo 27 de xuño ás 12:15 no campo do Monte (San Tirso)

3ª xornada (xogado o pasado martes): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Javi e David Gómez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 3
Clasificación final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, fase final: 1. Benxamín A, 6 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 3 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 0 puntos
Mini Trofeo Teresa Herrera, cuartos de final: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Álvaro -3-, Martín, David Gómez, Roi e Javi) - VICTORIA CF 0