Primeira semana de competición para o Dépor ABANCA
O Deportivo ABANCA comeza hoxe martes 31 de agosto a primeira semana de competición, coa visita do FC Barcelona B a Abegondo prevista para o domingo 5 de setembro ás 12:00 horas, na primeira xornada da Segunda División.
Trala dobre xornada de descanso, Miguel Llorente inicia a preparación do choque inaugural da liga fronte ao seu ex equipo, o filial azulgrana.
Serán cinco sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva previas ao encontro, segundo esta planificación:
Martes 31 de agosto 10:00 h.
Mércores 1 de setembro 11:30 h
Xoves 2 de setembro 11:30 h
Venres 3 de setembro 11:30 h
Sábado 4 de setembro 10:30 h
Domingo 5 de setembro 12:00: Deportivo ABANCA - FC Barcelona B, en Abegondo