Primeira toma de contacto do Dépor co céspede de Abegondo
Primeiro adestramento no céspede do Dépor de Juan Antonio Anquela, esta tarde en Abegondo.
Foi unha sesión de activación após o parón estival. Para iso houbo carreira continua, un exercicio de pases e quecemento, rondos e unha serie de progresións no campo 2; todo iso por espazo de 90 minutos.
O único futbolista á marxe é Michele Somma, que está na recta final da súa recuperación dunha lesión de grao 1 no semitendinoso, sufrida no partido de ida do play off de ascenso en ABANCA-RIAZOR ante o Real Mallorca o pasado 20 de xuño.
Mañá martes, o cadro está citada ás 10:00 en Abegondo, na primeira das dúas sesións previstas.