RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento vespertino do Deportivo en dous grupos

Tras un quecemento, Juan Antonio Anquela dividiu esta tarde ao seu cadro, sen contar con Somma nin David Simón, en dous grupos.

Así, mentres un dos grupos realizaba unha tarefa de posesión no campo 3, o outro grupo exercitábase no campo 2 con movementos tácticos baixo a supervisión directa do técnico deportivista.

Un partido a medio campo xa con todos reunidos puxo o punto e final á sesión vespertina.

Primeiro adestramento de Koke Vegas co Deportivo, esta mañá en Abegondo

Koke Vegas, última fichaxe do Dépor, foi a novidade no adestramento desta mañá en Abegondo que, con puntualidade británica, arrancou ás 10:00 horas.

O novo gardameta branquiazul adestrouse cos seus compañeiros na súa primeira toma de contacto. A sesión arrancou con balón, con quecemento, rondos e un exercicio de posesión; e concluíu cun exercicio físico de carreira, habitual durante as pretemporadas, momento no que Koke Vegas, do mesmo xeito que Dani Giménez, Álex Cobo e Viorel Boian, pasou a traballar con Yván Castillo, preparador de porteiros.

Adestráronse co readaptador Fran Molano, tal e como estaba previsto, Michele Somma e David Simón.

Mañá xoves, os futbolistas branquiazuis volven ao céspede a partir das 10:00 horas.