RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Krohn-Dehli en Abegondo, na sesión máis dura da semana

Michael Krohn-Delhi, nova incorporación do Deportivo neste mercado de inverno, estreouse esta mañá en Abegondo, na sesión diaria do Deportivo.

O seu primeiro día coincidiu cun duro e intenso adestramento, o máis esixente da semana, no que houbo un quecemento, rondos, fútbol en espazo reducido e un partido de área a área.

O único contratempo foi para Celso Borges, que sufriu de forma fortuíta un doloroso golpe nunha cadeira.

Estiveron hoxe fora do grupo Pedro Mosquera, Sidnei e Andone. O dianteiro romanés non pode xogar en Anoeta por sanción e hoxe adestrouse co readaptador, Fran Molano, no ximnasio da Cidade Deportiva.

Os fabrilistas One e Edu Expósito traballaron hoxe ás ordes de Cristóbal Parralo.

Mañá mércores haberá un novo adestramento, ás 11:00 en Abegondo.